High Paw na primeira edición do The Dub Yard Festival

Despois de case dous meses de comezar a andaina, retomamos a temática coa que o fixemos. A música! Porque non sei vós, pero eu sen ela non podería vivir.

Hoxe tócalle a High Paw, a cal é unha singjay nada en Vigo no 93. Comeza a súa andadura musical con 15 anos como letrista, vocalista e participando como corista en actuacións. A súa inmersión definitiva no mundo da música xamaicana concretase cando comeza a colaborar co selector,tamén vigués Nahno Selektah, pero de todo isto xa nos fala ela no vídeo. Dando pé a escribir os seus primeiros temas reggae en solitario e participando en eventos, sesións a vinilo ou jams.

Fora da Galiza non era moi coñecida ata a súa participación no concurso de Reggae Talentos que Lagata no 2015. Vai ano e pico lanzou “Searching for the Recipe” do que tamén nos fala no vídeo. Fóra do río é o tema co que o deu a coñecer. Tedes o tema en directo ao remate do vídeo da entrevista. Máis se preferides escoitalo con outra calidade, aquí vos queda o videoclip co que presentou o EP.

E por se vos soubera a pouco tamén podedes ver o seu último videoclip “A litltle Flower”, sobre un ritmo de Chalart58, aquí vos queda. Un chisco de aire fresco para a tempada primaveral.

Pero se queredes saber máis sobre os seus inicios, proxectos nos que anda actualmente metida e a súa opinión como muller na música, aquí tedes a entrevista que lle fixemos. As imaxes do directo que acompañan son unha vez máis gravadas na Sala Rebullón. O formato de concerto non é con selector as costas se non coa backing band Elephants Yard.

Mudando de tema, e xa que dubido sexa un tema a tratar neste bloge (se alguén se anima a cubrir unha sección de deportes avante!!!) vou aproveitar para comentar que xa fóra de cámara tiven oportunidade de falar con Paw, e saber de saber máis sobre vivencias, así como entre outras cousas coñecer unha situación de machismo (pois de igualdade de oportunidades na de na) que se vive con respecto aos equipos da Universidade de Vigo. O cal me levou a pensar nos deportes e me lembrou a miña experiencia (ou mellor dito falta dela) de querer quedarme xunto con outra compañeira a actividade extraescolar de fútbol na ensinanza primaria, e o seu rexeitamento por parte do adestrador, pois se non convencíamos o resto de compañeiras non podíamos quedarnos a xogar nesa actividade extraescolar, non fora a ser que pasara algo por misturar nenos e nenas… consecuencia prohibirnos as nenas realizar esta actividade. Isto foi vai un par de décadas, pero a día de hoxe (máis ben de onte) unha compoñente da selección galega de rugby7 creaba e compartía nas súas redes sociais unha montaxe facendo unha portada dun periódico galego xa que viñan de gañar o campionato de España, pero os medios de comunicación (entre outros moitos sectores) seguen a ignorar o deporte feminino. Polo que me pregunto realmente avanzamos algo en igualdade nestas últimas décadas?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s